perspectiva
 

INTRO

O debuxo é un medio de expresión que utiliza o ser humano para comunicar ideas e sentimentos. Co fin de racionalizar o proceso de debuxo, desenvolvéronse un conxunto de métodos axuntados nunha ciencia gráfica, que permiten ao debuxante plasmar dun xeito obxectivo as formas da contorna. A ciencia é o "debuxo técnico" e os métodos para debuxar reciben o nome de "sistemas de representación": sistema diédrico, sistemas axonométricos e sistema cónico. É dicir, existen distintos "métodos obxectivos" para debuxar a mesma forma, e será o debuxante, en función da idea que queira transmitir, o que elixirá un ou outro sistema.

¿Qué vantaxes e inconvenientes posúen os distintos sistemas?. A finalidade principal do debuxo técnico é a construcción. Calquer obxecto de deseño antes de ser fabricado foi previamente debuxado. O sistema de representación máis utilizado na industria é, pola súa simplicidad e inmediatez, o sistema diédrico. Existen multitude de manuais e libros de texto especializados no sistema diédrico. Desde estas pantallas só pretendemos que empeces a familiarizarche co sistema tomando, como punto de partida, obxectos de uso cotián.


Observa a tetera en movemento e pulsa nos números do cuadrante superior dereito para experimentar con outros obxectos.

Páxina principal Navegación Diedrom