perspectiva

RESUMO DO PROXECTO.

Esta páxina web, deseñada para a materia de debuxo técnico de bacharelato, ten un dobre obxectivo:

  • A creación de actividades, graduadas no seu nivel de dificultade, coa finalidade de facilitar aos alumnos/as a percepción do volume tridimensional empregando recursos baseados en animacións e interactividade.
  • A xestión da información mediante una estructura baseada en webquest, que é unha actividade enfocada á investigación, na que a información usada polos alumnos é, na seu maior parte, descargada de Internet. Básicamente, esta parte do proxecto é unha exploración dirixida.

 

XUSTIFICACIÓN BASEADA NO CONTEXTO.

A disciplina do debuxo técnico forma parte da proba de selectividade e tal como o seu nome indica, é unha materia que abarca un amplo abano de campos que van desde a xeometría plana ata a xeometría descritiva pasando pola normalización industrial. A tarefa é complexa principalmente por tres motivos:

  • Alumnado e visión espacial.

A capacidade para visualizar no espazo é un proceso lento e custoso, que non se pode estudar dende un punto de vista conceptual, senón que se adquire como consecuencia da práctica y da experiencia aplicada en exercicios graduados. Isto é especialmente palpable naqueles alumnos/as que non posuen unhas capacidades innatas ou cun ritmo de aprendizaxe lento. Este proxecto pode ser un bo recurso procedimental para primeiro curso do bacharelato no que se refire a comprensión espacial das pezas máis sinxelas.
Os amplos contidos a desenvolver nos cursos de bacharelato implican pouco tempo material para entrenar a visión espacial coas lóxicas dificultades para seguir a materia. Por exemplo, en segundo de bacharelato, no tercer trimestre, adicado ao deliñado de perspectivas e a normalización, esta ferramenta tería a sua importancia cara a optimizar o tempo, e o rendimento do proceso de ensinanza e aprendizaxe, na visualización das pezas máis complexas. Ademais, a estructura da proba de selectividade no seu tercer bloque propón, ano tras ano, exercicios desta tipoloxía.

  • Dificultade para atopar na rede.

Internet é un vasto campo de información. Webquest é unha novedosa metodoloxía que fomenta a investigación, xa sea individual o grupal, a través dunha exploración dirixida na que se provoca unha selección dos datos relevantes cara ao aprendizaxe. Na sua estructura consta de introducción, tarefas, proceso, recursos, avaliación e conclusións.
A maioría dos sólidos e pezas atopados na rede son de carácter estático: debuxos técnicos a la maneira tradicional. Os alumnos/as non poden manipular as imaxes para percibir todos os seus puntos de vista e éstas tampouco amosan a secuencia de pasos dados no seu proceso constructivo, e dicir, non son interactivas e non son animadas.
Por outra banda, para consolidar o proceso de aprendizaxe faise moi necesario graduar o nivel de dificultade dos sólidos a visualizar. É decisivo deseñar un banco de actividades encadeadas, no que os exercicios previos apoien aos posteriores.

  • Adecuación das técnicas á actualidade.

O currículo de debuxo técnico está máis que analizado e sistematizado, pero non ocorre igual coas técnicas de entrenamento para desenrolar a visión das tres dimensións.

OBXECTIVOS DO PROXECTO.

  • Fomentar o uso educativo de Internet no alumnado das materias debuxo técnico I e II.
  • Coñecer e aplicar contenidos conceptuais e procedimentais no proceso de visualización de sólidos xeométricos.
  • Potenciar no alumnado un pensamento visual razoado, a toma de decisións e os hábitos de investigación e exploración.
  • Indagar na busca de novos e sorpresivos materiais e procedementos.
  • Mostrar ó alumnado unha visión clara e práctica dos sistemas de representación aplicados na visualización.
  • Desenvolver no alumnado a capacidade de crear unha solución obxectivamente idónea ante un determinado problema formal.
  • Fomentar o  traballo e a investigación en equipo.

RESUMO DO DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO.

1. Navegación e documentación bibliográfica.
Tempo empregado: 2 semanas.
Busquei e seleccionei un conxunto de páxinas web de boa calidade relacionadas co currículo da materia de debuxo técnico e, dun xeito específico, que se vinculen directamente co desenvolvemento da capacidade espacial na visualización de sólidos. Tamén busquei bibliografía relacionada cos contidos do proxecto.

2. Organización dos datos e información das páxinas.
Tempo empregado: 1 semana.
Clasifiquei as páxinas seleccionadas en función dos bloques de contidos do proxecto.

3. Documentación bibliográfica.
Tempo empregado: 1 semana.
Desenvolvín un contido teórico para a web incidindo na contribución da materia de debuxo técnico no apartado de visualización de pezas.

4. Elaboración de actividades.
Tempo empregado: 6 semanas.
Creei unha parte importante do material didáctico baseado sobre todo en animacións flash e aplicando interactividade visual.
Na creación de pezas utilicei programas CAD de deseño asistido para pasar os debuxos do soporte papel ao soporte dixital.
A continuación, importei os arquivos dixitais a outros programas de edición en función do uso e da natureza que se lle ía a dar á imaxe:
-           Programas de animación, se se trataba de secuenciar a imaxe para poder ver os pasos no seu proceso construtivo ou para aplicar puntos de vista en perspectiva concretos e asignar ás pezas calidades superficiais en diferentes materiais.
-           Applets Xava e action script, para dotar á imaxe dunha interactividade avanzada, sobre todo no que fai referencia á rotación tridimensional en tempo real.
-           Programas de retoque fotográfico, para manipular os píxeles das imaxes e adecualos á páxina web.

5. Creación dá web.
Tempo empregado: 6 semanas.

Deseñei un soporte webquest sinxelo e de fácil manexo que recolle os principais obxectivos e contidos do proxecto. A estrutura da web consta de 5 apartados crave que, á súa vez, diversifícanse mediante menús desplegables ou vínculos.
O esquema sería o seguinte:

a) Introdución.
Fundamentación dos sistemas de representación.
Experiencias previas manipulando obxectos de uso cotián para a obtención das principais vistas do sistema diédrico (planta, alzado, perfil).

b)Tarefas.
- Visualizar: mediante un conxunto de pezas, ordenadas de menor a maior grao de dificultade, o usuario pode rastrexar as vistas e a perspectiva para iluminar as partes correspondentes de xeito selectivo.
- Bricolaxe: taller no que se explica de xeito detallado o procedemento sustractivo para construír pezas partindo dun prisma de madeira.
- Perspectiva: secuencias, paso a paso, do trazado das principais perspectivas: isométrica, caballera, militar, cónica central e cónica oblicua. Posibilidade de virar os modelos tridimensionales. En cada unha delas explícanse distintos procedementos de visualización.
- Diédrico: conxunto de botóns interactivos que se corresponden co alfabeto do punto, a recta e o plano en sistema diédrico que identifican a posición dos elementos en distintas pezas en perspectiva.
- Maquetar: tira de imaxes que expón o xeito de construír un prototipo 3D a partir do seu desenvolvemento (inclúe unha selección de modelos dos que o usuario pode imprimir o desenvolvemento para a súa posterior montaxe).

c) Proceso.
Conxuntos de enlaces a páxinas web relacionadas cos contidos do proxecto.

d) Avaliación.
- Tamgram: reconstrución das vistas de varias pezas. O usuario pode desprazar e virar as partes ata completar o quebracabezas e observar o resultado final mediante un botón solución.
- Vértices: actividade interactiva na que o usuario debe seleccionar correctamente varios vértices nalgunha vista diédrica. Inclúe un resumo de resultados e unha avaliación na que se outorga unha cualificación con nota.
- Achar a vista: cuestionario visual e interactivo na que se debe elixir a resposta correcta de entre 3 opcións por pregunta.

e) Conclusións.
Resumo do proxecto.

 

Páxina principal Navegación Diedrom